JIRA perante o 25 de Xullo, Día da Patria Galega

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Ir abajo

JIRA perante o 25 de Xullo, Día da Patria Galega

Mensaje  JIRA el Dom Jul 25, 2010 3:14 pm

Dende JIRA, a mocidade independentista revolucionaria andaluza, queremos saudar ao Pobo Traballador Galego perante a vindeira celebración do seu día nacional, o Día da Patria Galega. Nós, como mozos/as independentistas e internacionalistas, temos a necesidade de pronunciarnos neste día, un día que vén celebrándose dende o ano 1920 tras a organización do primeiro “Día de Galicia” por parte das Irmandades da Fala, a primeira organización nacionalista galega comprometida co seu pobo e a súa identidade, sendo o xerme do Partido Galeguista. Este día, de loita e autorecoñecemento nacional e social, pasou por diferentes etapas políticas e sociais, producíndose durante a ditadura franquista movilizacións en países con amplia poboación emigrante galega coma a Arxentina.

Entendemos o valor histórico e identitario que tén esta data, por iso mesmo pronunciámosnos, por o noso compromiso non só co Pobo Traballador Andaluz, coa mocidade andaluza, senón tamén coa mocidade de tódalas nacións do mundo, de xeito especial coas que están nunha situación de dependencia e de falta de liberdade polo seu estatus colonial dictaminado polo Estado Imperialista Español. Sen caer no erro do republicanismo español, defendendo unha postura e unha loita contraria a calquera Estado Español, creemos na procura de espazos comúns nos que as mocidades revolucionarias e independentistas dos diferentes países oprimidos polo Estado Imperialista Español, poidan compartir ferramentas de loita para comunicar, interrelacionar e organizar aos diferentes movementos, con opostas realidades, aínda que cun inimigo similar: España e as súas clases dominantes.

En coherencia cos nosos principios asamblearios, igualitarios e democráticos, faremos o posíbel dende a nosa posición para materializar este obxetivo, tan ilusionante como necesario. É básica a unidade de acción e máis hoxe cando padecemos unha crise do capital que afecta de maneira específica a pobos traballadores como o galego ou o andaluz, nos que a flota pesqueira, a gandería e a agricultura están sendo desmanteladas polas políticas da capitalista e neo-liberal Unión Europa e o seu súbdito, España. É o momento da confrontación direita cos culpabeis da nosa ruina, da nosa precariedade e da nosa situación de escravitude, como traballadores/as de dous nacións oprimidas e sen poder de decisión, relegadas a un papel de productoras de materias primas e de man obreira barata.

Facemos un chamamento a mocidade independentista e revolucionaria galega perante a necesidade de comunicación e relación entre movementos revolucionarios, que teñan como punto de partida a defensa dos nosos dereitos como pobos e como clase, como mozos e mozas na peor das precariedades. Até a unidade obreira e internacionalista de tódolos pobos, apoio mutuo e solidaridade.

¡Galiza e Andalucía, pola independencia e o socialismo!

¡As mocidades combatentes, pola ofensiva antiimperialista!

¡Viva a solidaridade entre os pobos, viva Galiza ceibe!

JIRA, a mocidade independentista revolucionaria andaluza

En Andalucía, a 25 de Xullo do 2010.
avatar
JIRA

Mensajes : 17
Fecha de inscripción : 16/04/2010
Localización : Andalucía

http://www.jira.tk

Volver arriba Ir abajo

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Volver arriba


 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.